anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

      FINIS-TERRAE

(Costa da Morte)

Dobrou Fisterra,
a Arnela contornou cara a Muxía.
O tenue azul do leste e Camariñas.
—A flor que o mar coñece—
Restingas de coral e conchas finas,
as praias nebulosas de Camelle...
Nos píncaros das rías avistadas,
un solemne clamor de antigos deuses.

Francisco Domínguez Romero


subir   poema aleatorio   Francisco Domínguez Romero   siguiente / next   anterior / previous