anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

      COLAXE

O ceo é de feltro.
A veiga, pintada.
Uceiras cinguidas
con valos de pedra.
Espellos facendo
as veces de auga,
e ovellas que nela
mitigan a sede.
Escorren da tea
a cor estridente
do can que as arreda
e o neno que as garda.

Francisco Domínguez Romero


subir   poema aleatorio   Francisco Domínguez Romero   siguiente / next   anterior / previous